24/10/08

UFF!!!!

Uf!!!! Hoxe moítisimo traballo, non parei un minuto e ainda me queda un pedazo. Esta mañá chamóume unha amiga (Ana Blanco) e só lle dixen "estou morta, prometo chamarte pero agora non podo". Foi unha mensaxe telegráfica. Só agardo á noite de mañá para durmir unha hora máis, de verdade aproveitando a chegada do horario de verán que a min sinceramente non me gusta nada. E non é que teña sono acumulado o que teño é cansancio porque levo dous días a tope. Nada máis, de momento. Só que hoxe en Ribadeo fai un día moi bó con sol e 17º, e que toca fin de semana en Lugo, sen plans feitos. Veremos que sae por aí, porque algo haberá que facer: o Breogán xoga fora, o Ensino xoga o domingo pola mañá porque mañá o Pazo está ocupado por unha competición de Special Olimpics. Haberá que programar algunha cea, algún paso polo cine ou algo así. Xa iremos contando.

No hay comentarios: