Hoxe moito traballo, tanto pola mañá como pola tarde. Nin siquera sei si vou poder facer un montón de recados persoais que teño pendentes, pero así é a vida laboral. Onte fun á piscina e moi ben, a auga estaba un pouco fría, pero de contado entramos en calor cos exercizos que nos pon Begoña. Moi ben, pero o de controlar a respiración vai pouco a pouco, no resto imos mellorando.
Despois de dous días de choiva este xoves tróuxonos de novo sol, con temperaturas moi fresquiñas pola mañá (incluso houbo xeada nalgúns puntos) ainda que agora que son as cinco e cuarto da tarde estáse moi ben. Hoxe (igual nas radios) e mañá nos xornais Ribadeo vai ser noticia. Resulta que no cruce do Voar (á entrada da vila vindo por Lugo) a Garda Civil tivo que acordoar a zona despois de que alguén avistase un paquete sospetioso próximo á rotonda. E claro, cando se fala de paquete sospeitoso todo o mundo pensa no mesmo. Pois tranquilos porque ó parecer finalmente tratábase dun lote de libros que caeu dalgún camión e que alguén situou ó lado dunha lata de aceite que xa levaba alí días. Sinceramente, de chiste.

No hay comentarios:
Publicar un comentario