12/10/08

VERANIÑO EN OUTUBRO

Estamos a 12 de outubro pero parece que nos atopamos en pleno verán, porque pouco antes das dez desta noite en Ribadeo había 18 graos de temperatura e nalgúns bares tiñan montadas as terrazas e incluso había clientes nelas, como vimos no Tranvía. No aparcamento que está enfrente do restaurante Marinero casi non había sitio e nas proximidades vimos varias autocaravanas. E o parking do Parador de Turismo estaba a tope de coches. Ademais do bon tempo que temos estes días (con temperaturas moi agradables, incluso pola noite) nótase que mañá, luns, é festivo en moitas comunidades autonómas, incluida a veciña Asturias.
Esto demostra que pouco a pouco esta zona está achegándose a conquerir a tan ansiada desestacionalización do turismo, porque temos moitos visitantes no verán pero tamén en Semana Santa, no Nadal e nas pontes que hai ó longo do ano.
Esta circunstancia deben tela en conta os que traballan na promoción turística desta zona e precisamente mañá, luns, visitará Burela o director xeral de Turismo da Xunta, Rubén Lois, quen manterá unha xuntanza cos membros da recentemente creada asociación para a promoción do turismo na Mariña.

No hay comentarios: