12/10/08

RESTAURANTES TEMPO E CASA PACO

O sábado estivemos en Lugo, en pleno San Froilán, e disfrutamos da boa gastronomía da capital da provincia.
Para a comida cos pais de Carmen eleximos o novo local de moda en Lugo: o Tempo. Este local ten dúas zonas: unha que pretende ser vip e a outra para tódolos públicos. Estivemos nesta última, que tiña moita xente pero precisa mellorar. A decoración é tipo yanqui, pero non está mal, e a carta é bastante extensa. O servizo é moi lento e dos catro platos que probamos os calamares fritos e a parrillada de verduras non estaban mal pero as racións eran escasas para o que é habitual nesta zona, a brocheta de rape con langostinos estaba boa (según dixeron Marisa e Ángel) e os ovos fritos con patacas e xamón ibérico (supostamente) eran moi abundantes pero estaban mal feitos. O mellor de todo foi a tarta de tres chocolates que tomamos de postre e o viño: un Ribeiro que se chama Lagar do Meréns e que descubrimos nesta comida. En resumen, o Tempo necesita precisamente iso, tempo, para mellorar, polo menos na zona apta para tódolos bolsillos.
Despois da aventura da comida para a cea con Nuria eleximos un establecemento totalmente distinto, porque é un dos clásicos de Lugo, o que significa unha garantía. Refírome a Casa Paco, na Tolda. O servizo é moi profesional e a comida é caseira, abundante e con productos de calidade. De entrantes tomamos xamón ibérico (este si o era, sen dúbida) ben cortado e unha riquísima empanada de zamburiñas recén feita (aínda estaba quente). E de segundo eu comín cordeiro lechal, que estaba moi bon. O codillo e as chuletiñas de cordeiro, que comeron Nuria e Carmen respectivamente, tamén estaban ricos, según dixeron. De postre eu tomei tarta de piña feita na casa, que estaba espectacular, igual que o pacharán que me puxeron de chupito.

No hay comentarios: