Nesta pasada fin de semana tamén adicados unha parte do noso tempo de ocio á gastronomía e tivemos unha de cal e outra de area.
O sábado ceamos en Lugo con Pili e Vila. Foi no Metbar, onde a comida estaba na liña habitual dese establecemento, pero o servizo foi peor que nunca. O camareiro parecía que tiña as mans de manteca porque lle caeron varias cousas na nosa mesa e tamén nas outras que atendeu, non nos puxo pan e outras incidencias que nos fixeron rir, por non cabrearnos.
E onte, domingo, ceamos con Sonia e os seus dous Migueles no Parador de Turismo de Ribadeo para probar as xornadas gastronómicas que empezaron este mes e que se van desenvolver ata novembro do ano que ven, cambiando os menús cada mes. Con motivo do 80 aniversario dos Paradores puxeron en marcha esta novedosa iniciativa a precio asequible (unha media de 20 euros por persoa, bodega aparte) que inclúe a degustación de oito platos (catro fríos e outros catro quentes) e un postre especial para as xornadas que está impresionante. O servizo tamén foi moi bon e incluso tiveron o detalle de poñernos nunha mesa cunhas maravillosas vistas á ria de Ribadeo, con Castropol ó fondo. Tentaremos probar os menús dos doce meses, porque polo que comprobamos onte vai merecer a pena.
17/11/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario