10/11/08

DÚAS CEAS MOI DISTINTAS

Este pasado fin de semana tivemos dúas ceas, unha en Lugo e outra en Ribadeo. Na capital da provincia o lugar elexido foi a Bodega de Pedro, onde fan unhas impresionantes táboas de embutidos e queixos e teñen o mellor licor café do mundo mundial, como xa comprobáramos moitas veces e tamén o sábado con Nuria e Mariniña. Tamén fan uns callos espectaculares, pero para a noite son demasiado potentes. E o domingo ceamos con Sonia e Miguel en Ribadeo, concretamente no novo Sapore, restaurante montado en plan yanqui no que probamos un peculiar churrasco, raxo picante, gambas ó allo e patacas fritas con tres salsas potentísimas. Pero o mellor foi o postre: mousse de café. E aínda mellor o chocolate suizo que tomei no Paso.

No hay comentarios: