12/11/08

UNHA HORA MENOS EN CANARIAS

Xa se nota que están abertos dous tramos da autovía do Cantábrico entre Ribadeo e Barreiros porque agora da gusto circular pola N-634 sen camións e sen tantos coches. Imaxino que tamén o notarán, pero de xeito negativo, os establecementos de hostelería da zona. Hoxe tocou viaxe cercana, neste caso tamén, por motivos laborais pero sen inauguracións de por medio. O de quedar cos políticos ten o seu risco porque che din a unha hora e aparecen 60 minutos despois, os seus reloxios andan pola hora de Canarias. Algún veciño xa dixo (de broma, imaxino) que os políticos teñen pouca palabra. Neste caso o retraso parece que estaba xustificado para atender da mellor forma posible ós paisanos da vila, que en definitiva son os que teñen os problemas e tamén son os que deixan os votos nas urnas. No tempo de espera puiden saborear un par de cafés, apreciar a beleza do Cantábrico de novo, ver cómo o pasaban unha parella de gatos brancos que había pola zona e como paseaban algunhas persoas ás cinco e media da tarde pola costa aproveitando que nese momento non chovía.
E, por certo, xa que falamos de animaliños (antes ía de gatos o tema) onte os veciños da rúa Deputación de Ribadeo puidemos ver como circulaba sen inmutarse unha rata dunhas dimensións considerables. Non sei onde acabou por meterse, agardo que na nosa oficina non, porque podo sair correndo sen ver camiño. Marcho, que hoxe toca piscina e hai que prepararse.

No hay comentarios: