20/11/08

LUCES

Achégase o Nadal e as vilas e as cidades comenzan a engalanarse coas súas mellores luces para decirnos que se achega esa época do ano que a moitos lles gusta (sobre todo aos nenos) e a outros moitos non (porque faltan familiares, amigos e porque son días para a nostalxia). Onte en Ribadeo xa estiveron colocando as luces que nos iluminarán e nos incitarán ao consumo ao longo do vindeiro mes e medio. E lín que en Lugo tamén se están a colocar, pero que hai discrepancias entre o Concello e os comerciantes. Os gobernantes queren encender ese alumeado despois da ponte de decembro ou nesa fin de semana e os comerciantes piden que se poña en marcha o día 1 para animar ás ventas que este ano non foron moi boas. Eu estou cos comerciantes, no mes de decembro hai que animar á xente a que merque: doces, agasallos... A min paréceme ben que co inicio do novo mes o ambiente cheire a Nadal, a panxoliñas, a alegría, a ilusión incluso a nostalxia ou a morriña. Eso sí, cun mes é suficiente. Sempre critiquei nestes últimos anos que xa a finais de outubro ou a principios de novembro teñamos escaparates con alusións navideñas ou que empezen a bombardearnos cos anuncións de turróns, champán, lotería ou xoguetes porque acabas ata ás orellas sinceiramente. Parece que saes do verán e xa directamente te metes no Nadal, e tampouco é así. Temos máis dun mes por diante para mercar todo o que precisemos para estas datas nas que tamén deberíamos lembrarnos un pouco máis dos que non teñen nada, nin familia, nin amigos, nin teito, nin un bocado de pan que meter entre os dentes e dos moitos inmigrantes que pasan estas datas entre nós lonxe, moi lonxe dos seus. Si non somos moi solidarios o resto do ano pensemos neles polo menos agora e non poñamos á crise como excusa, porque a crise se está a convertir en moitos casos neso, en disculpa para non facer moitas cousas.

No hay comentarios: