Acaba de empezar unha nova batalla da guerra na que se enfrontan dende hai xa moitos anos os constructores ribadenses Gervasio Cao e Mario Coto. Agora loitan de novo pola presidencia do Clube Náutico de Ribadeo, ou máis ben Coto pelexa por evitar que Cao sega de mandamáis e o actual presidente volve presentarse á reelección para que non sexa presidente Coto.
A ver cal dos dous é o gañador nas eleccións, que probablemente se celebrarán en xaneiro do vindeiro ano, porque o proceso retrasouse debido a un fallo na convocatoria da asamblea que debería terse feito onte, pero tivo que ser suspendida precisamente por ese erro na carta que enviaron ós case mil socios que ten o clube. Hoxe, martes, entrevistei a Mario Coto en Onda Cero A Mariña e mañá, mércores, na mesma emisora de radio (no 102.3 FM) estará Gervasio Cao. E si aparece algún candidato máis á presidencia do Náutico ribadense (que é pouco probable, pero non imposible, porque hai algúns contactos para tentar formar outra lista) tamén falará en Onda Cero, se el quere.
E remato con unha curiosidade que amosa a grande importancia que lle da Mario Coto a esas eleccións: conta con un xornalista, o asturiano Borja Márquez, para ocuparse das relacións da súa candidatura cos medios de comunicación. É algo cada vez resulta máis necesario pero que curiosamente aínda non teñen algúns relevantes políticos e empresarios da zona, que deberían tomar nota.
18/11/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario