4/11/08

A RÚA DA SORTE

Si fose verdade que pisar merda da boa sorte os que pasamos habitualmente pola rúa Irmáns Moreno Ulloa (alí esta a emisora de Onda Cero A Mariña, onde traballo) poderíamos ser os máis afortunados do mundo. Na beirarrúa que está debaixo dos soportais que hai nese vial de Ribadeo pódense ver cada día máis excrementos de cans e nalgunhas ocasións hai que ir moi atento para esquivar a gran cantidade de merda alí depositada. Esta é a situación habitual pero nos últimos días aínda é peor porque debido as chuvias persistentes hai moitos propietarios de cans que os sacan a pasear (e a cagar) por debaixo dos soportais da rúa Irmáns Moreno Ulloa, porque así non se mollan.
Como é evidente hai moitos propietarios de cans que pasan olímpicamente das advertencias do concelleiro de Medio Ambiente sobre supostas multas ós que non recollen os excrementos dos animais, posiblemente porque saben perfectamente que ninguén os está vixiando. Polo tanto propoño que sexa obligatorio levar os cans con pañal ou que os donos destes animais paguen un imposto e que o diñeiro que se recade o adiquen a mellorar o servizo de limpeza municipal para ter as rúas limpas. Algúns pensarán que estas ideas son barbaridades, pero non se me ocurre ningunha solución mellor para este problema.

1 comentario:

gigi dijo...

Muy orixinal o do pañal, pero témome que sendo eso obrigatorio moitos cans terian que terminar na sociedade protectora, porque ó precio que van os pañais..., de todas maneiras e mais barato levar unha bolsiña e non o fan, imaxina ter que mercar pañais,nin o soñes, pareceme que vas ter que cambiar de acera e abandoar os soportais.