4/11/08

GASTRONOMÍA NA CORUÑA E LUGO

Este pasado fin de semana volvín probar a comida de La Marola, que é o restaurante do hotel Zenit Coruña. Xa estiveramos alí hai tempo con Mari Cruz Rivas e Fernando Hidalgo. Nesta ocasión cenei croquetas de carabineros e rape ó forno. Os dous platos estaban ben preparados e moi ben presentados, pero faltaballes algo (tal vez un pouco máis de sal) para estar exquisitos.
Pero tamén disfrutamos da gastronomía lucense, con unha comida familiar na caseta de La Palloza. Probamos pulpo (as racións eran máis pequenas que noutras ocasións), carne ó caldeiro, lacón cocido, cañas e tellas (impresionantes) e queixo do pais (espectacular). Tomamos viño Abadía da Cova e auga sin gas, bebidas polas que nos cobraron como si estivésemos nun restaurante de superluxo en vez de nunha caseta do pulpo.
E o pola noite ceamos con Nuria no Metbar a base de tostas, delicias de polo e un plato que estaba espectacular: patacas, ovos rotos e chistorra. Todo regado con un bon viño godello (Guitián) e caipiriña. A relación calidade-prezo foi excelente e o servizo tamén.

No hay comentarios: