24/11/08

TEMPO Ó TEMPO

Ó restaurante Tempo, de Lugo, hai que darlle tempo, porque o sábado ceamos alí por segunda vez (nesta ocasión con María José e Nuria) e gustoume un pouco máis que na anterior. Falamos da zona chamada sport-café, porque na planta de arriba (a máis luxosa e cara) aínda non comemos nunca, de momento. O servizo mellorou respecto a primeira vez, aínda que algunhas camareras adicánse máis a posar que a despachar.
A comida non estivo mal, sobre todo a tosta de anchoas e boqueróns, a parrillada de verduras e o postre de tres chocolates. A relación calidade-prezo é boa, aínda que precisa mellorar en varios aspectos do trato ó cliente.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Bueno pois eu que agardaba coma auga de maio este post, quedeime un pouco blufff, a verdade e que a primeira experiencia no Tempo debeu ser de alucine para que fales así da segunda, en realidade estou dacordo contigo en canto a todos os pratos que citas, pero eu seria moito mais crítica sobre todo co trato, que me pareceu despectivo, porque ainda que podes disculpalos dicindo que non son profesionais, porque non o son, sempre terán que ter alguén que marque os pasos e as conductas dos camareiros, un encargado que brilla pola sua ausencia, senón apaga e..., pero bueno que se pode esperar dun restaurante que se quere chamar de "luxo", cando un sábado a tapa estrela son lentellas, que non teño nada contra elas, pero esto é Lugo, e estamos acostumados a outras cousas. Bueno como te vexo tan belixerante supoño que lle daremos unha oportunidade á zoa luxosa como ben dis ti, e coma non de resultado, lárgoo todo.