24/11/08

MÁIS DO NÁUTICO DE RIBADEO

O Clube Náutico de Ribadeo segue dando que falar. Hoxe trascendeu que haberá outra candidatura máis para as eleccións da nova xunta directiva: ás listas do actual presidente (Gervasio Cao) e do seu íntimo enemigo Mario Coto engádese a que encabezará Ramón Acuña, que hai tempo foi voceiro do PSOE no Concello de Ribadeo e deputado provincial e dende hai uns meses é tertuliano de Onda Cero A Mariña.
Precisamente hoxe na tertulia de Onda Cero A Mariña falamos do Clube Náutico e houbo bastante coña a propósito do grande interés que hai por presidir esta sociedade, porque o habitual é que neste tipo de colectivos non aparezan moitos interesados en facerse cargo da directiva. Dous dos participantes na tertulia (Álvaro Doural e Alfonso Rodil) salientaron o espectacular crecimento do Náutico ribadense e do porto deportivo Porcillán nos últimos anos, mentras que Jesús Pérez Moreda criticou a xestión de Gervasio Cao, algo que non sorprende a ninguén porque Suso Villalba e outro enemigo declarado de Cao e lévase moi ben con Coto.
Se as previsións se cumplen as eleccións serán o día 20 de xaneiro e ata entón (e uns días despois seguro que tamén) o Clube Náutico de Ribadeo seguirá sendo un dos temas preferidos nas conversacións dalgúns ribadenses, aínda que á inmensa maioría dos veciños de Ribadeo pouco ou nada lles importa o que pasa nesa entidade, na que moitos dos seus case mil socios son xente de fóra.

No hay comentarios: