21/12/08

FIN DE SEMANA GASTRONÓMICO

O noso fin de semana gastronómico para celebrar o cumpleanos de Carmen empezou o venres á noite (cerca das doce) cunha cea no restaurante A Dorada, de Ribadeo, que estivo moi ben, como sempre nese establecemento. Eu comín un espectacular virrei á plancha, despois da impresionante ración de ameixas que compartimos.
Onte, sábado, tamén comemos e ceamos de restaurante, neste caso en Lugo. A comida foi cos pais de Carmen no Rodicio, e quedamos repletos de carnes variadas ben preparadas aínda que demasiado saladas. E para a cea, con Nuria e María José, eleximos un dos establecementos da capital da provincia que máis nos gusta e que máis visitamos: La Oca, onde sempre comemos ben e trátannos moi ben. Hai moitas novedades na carta i eu probei unha delas, un bacallau guisado con mariscos, que estaba rico. E despois fumos tomar unha copa á República, onde coincidimos con Pili e Vila, polo que a noite foi moi agradable.

No hay comentarios: