O pasado mércores tiven comida e cea, as dúas de traballo. A comida foi no Parador de Ribadeo, onde probamos o menú degustación das xornadas gastronómicas con motivo do 80 aniversario dos Paradores correspondente a este mes. Os platos son os mesmos que en novembro, excepto un, no que cambian as opcións que hai para escoller. Gustounos e a relación calidade-prezo é moi boa. Pero deberían cambiar algún plato máis dun mes a outro, algo que están pensando facer, segundo nos explicou un dos camareiros que nos atendeu (moi ben, por certo).
E pola noite cea no restaurante Marinero cos colaboradores que participan esta tempada nas tertulias de Onda Cero A Mariña. Estiveron case todos (houbo algunhas ausencias por asuntos persoais) e a cea está dando moito que falar (máis do que a min que gustaría). Proba delo é que aínda hoxe, domingo, fixéronme comentarios ó respecto varios membros do PP de Ribadeo (entre eles o seu líder, José Carlos Rodríguez Andina), que saían da comida que tiveron no Cabazo, e despois tamén me falou do acontecido na cea de tertulianos Ricardín de Santa Cruz, un coñecido ribadense co que coincidín comprando no Eroski.
Son cousas que pasan en Ribadeo con demasiada frecuencia nos últimos tempos.
21/12/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario