Como sempre que viaxamos a algún sitio, esta pasada ponte fixemos turismo gastronómico, neste caso en Madrid. Aínda que na capital do Estado hai restaurantes de tódolos tipos e nacionalidades nesta ocasión o que máis probamos foi a comida típica castelá e madrileña.
O sábado despois de tentar comer en varios restaurantes da zona de Cava Baja (onde está a famosísimo Casa Lucio) acabamos no Café de Oriente, un dos grandes locais de hostelería tradicional de Madrid. Os platos que probamos foron: lentellas (de aperitivo, cortesía da casa) ensalada de carrillada ibérica, paletilla de cabrito, medallóns de terneira blanca de Ávila con patacas "cortijeras" e un postre de castañas, turrón, chocolate e madroños. Bebimos un viño madrileño, Grego, que non estaba mal pero era algo forte para o noso gusto. O local é moi bonito, a comida está ben preparada e moi ben presentada, a atención é boa, e como consecuencia non é barato, pero merece a pena.
Para a cea o restaurante escollérono os nosos amigos madrileño-ribadenses Marian e José Ramón, que nos levaron a un local chamado "El Recuerdo", que está na rúa Comandante Zorita (cerca do estadio Santiago Bernabeu). É un sitio interesante, pero fáltalle luz (gústame ver ben o que estou comendo) e sóbralle calor. Alí eu probei verduras, presa ibérica e mousse de chocolate blanco con chocolate negro e Carmen comeu alcachofas recheas de queixo, rabo de touro gratinado e sorbete de limón ó cava e ó vodka. Tomamos un viño Valdeorras blanco, que estaba bon. A relación calidade-prezo é moi boa, porque éramos cinco comensales e medio (ou media, que aínda non se sabe) e pagamos pouco máis de cen euros.
9/12/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario