10/12/08

MÁIS GASTRONOMÍA MADRILEÑA


O domingo á comida mantivemos o listón gastronómico alto noutro restaurante típico de Madrid chamado "Taberna del Alabardero", que está xunto ó Teatro Real e moi cerca do Café de Oriente (na foto vese a Carmen nesa zona). O restaurante estaba a tope de xente, pero non tivemos problema para comer porque reservaramos mesa (doutro xeito era moi difícil atopar un sitio interesante para xantar porque había moitos turistas e na capital de España moitos dos mellores restaurantes pechan os domingos).
De aperitivo puxéronnos chistorra e croquetas de xamón (as dúas cousas moi ricas e abundantes para ser un aperitivo) e despois tomamos unha impresionante degustación de patacas recheas (de rabas ó ali-oli, de solombo, e de ovo de perdiz con xamón). Carmen comeu de segundo bacallau ó pil-pil (moi rico) i eu merluza en salsa verde (a especialidade da casa, que estaba boa pero algo sosa). E de postre eleximos o máis típico dese establecemento: canutillos (ou cañas) recheos de crema con salsa de toffe e menta frita, que estaban riquísimas e acompañámolas con un viño Pedro Ximenez espectacular. Non é un sitio barato, pero merece moito a pena.
Pola noite ceamos no restaurante do hotel (o Barceló Torre Arias, que está moi ben pero lonxe do centro) e o único que merece a pena destacar é a táboa de ibéricos e un viño Valdeorras, que estaba moi bon. De segundo tomamos peixe (merluza e abadexo), pero non estaban frescos nin especialmente ben preparados, aínda que eran comestibles.

No hay comentarios: