Todo o mundo fala da crise económica dende hai meses, pero poucos actúan en consecuencia do que din. Escribo isto, polo que vimos o pasado sábado en Lugo.
Primeiro tentamos ir de compras ó centro comercial As Termas, pero a cola de coches para entrar no aparcamento era tan longa que chegaba ata a rotonda de acceso, motivo polo que cambiamos de lugar para mercar algúns regalos de Reis.
Despois quedamos para cear con Nuria e decidimos ir a un novo local de comidas que abriu no casco antiguo da capital da provincia, pero ese e outros moitos restaurantes e bares de tapas e racións da zona vella de Lugo que percorrimos esa noite estaban a tope ou con tódolas mesas reservadas, a pesar da crise. Finalmente atopamos unha mesa na Casa da Auga, onde xa estiveramos noutras ocasións, pero desta vez descubrimos que nalgúns aspectos os responsables deste establecemento confunden o antiguo co cutre, porque no comedor que nos tocou estaba funcionando unha estufa de butano das que se usaban hai trinta anos (ou máis) e que a moitos nos levantan dor de cabeza, ademais de resultar perigosas. Por certo, cando chegamos á Casa da Auga vimos alí ó delegado da Consellería de Innovación e Industria, Ramón Cortés, e cando saímos de cear falamos no mesmo lugar coa xornalista e amiga Luisa Rodríguez. En canto á cea, todo o que comemos esta bon: táboa de embutidos, queixos, boqueróns e pementos; croquetas de ourizo; tostas de ventresca de bonito con paté de anchoas; e un impresionante flan de chocolate con espuma de toffe. Tamén nos gustou o viño: un ribeiro Antonio Montero. En definitiva, todo ben, excepto a estufa de butano (que o camareiro nos apartou cando o pedimos e incluso se ofreceu a apagala) e o meu catarro, que foi a máis durante a cea e acabei saíndo da Casa da Auga tiritando e sin poder ir a tocar unha copa. Outra vez será, si a crise o permite.
5/1/09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario