8/1/09
A DÚAS VELAS
A dúas velas... por dicir algo. Así quedamos despois de ver como tanto na lotería de nadal coma na de reis a sorte pasou de nós e foi parar a outros. Recuperamos, eso sí, parte do xogado cos reintegros especiais e demáis. Esta fin de semana igual o gastamos nas rebaixas, eso e algo máis, pero fíxenme a promesa a min mesma e só vou mercar o que realmente necesito... é que sempre acabas comprando cousas que logo prácticamente non pos e eso non pode ser. Mentras agardo aquí para redactar algunha información do día comentar que a gripe parece que vai abandoando á miña familia: Andrea está fantástica, Mari moito mellor e miña nai tamén. De feito onte tiña cita cun neumólogo e decidiu cancelala. E Beni está casi perfecto. Agardo que a gripe e os virus non volten este ano e que os que non a collemos poidamos librar xa definitivamente. O frío destes días é terrible incluso ao pé do mar. Acábanme de contar que esta mañá en Vegadeo os termómetros andaban polos 0º e en Ribadeo creo que non pasamos dos 2 ou 3. Onte Arévalo dicíame que en Madrid facía un frío terrible estaban ás sete da tarde como a 4º e que estaba deseando coller o metro para quentarse un pouco. Parece que así vai seguir ata o domingo ousexa que o mellor será non sair da casa, quedar no sofá, compartir unha boa tertulia, un café, botar unha sesta, ver unha boa película ou un partido de baloncesto... non sei ocúrrenseme moitas cousas. Pero antes diso hoxe pola noite teño unha cita moi importante diante da tele con Miguel Angel Silvestre, creo que non me vai gustar o final desta serie que levantou e levanta tantas pasións. Mañá comentarei as miñas impresións. Nuria e Mª José hoxe non podedes esquecervos do voso Duque, despois o sábado analizamos a xogada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Non te preocupes que eu non me esquezo, supoño que tampouco me gustará o final coma a ti, bueno vou seguir un ratiño co meu "master" e despois vou ó paraiso, xa comentamos entón o finde.
Publicar un comentario