12/1/09

SERIES CON DATA DE CADUCIDADE

Hai series que non poden durar máis de unha ou dúas temporadas porque teñen un final claro. Eso é o que deberían facer con "Sin tetas no hay paraiso"... O final do xoves debería ser o final da serie e punto ¿para qué prolongala máis? E si o elexido fose o final que emitiu Telecinco o venres pois tamén tería que acabar así. Cando unha cousa funciona e arrasa é mellor rematala así no máis alto e non facer novas temporadas que xa non van ser o mesmo porque moitos dos personaxes que aí aparecían morreron. De todos os xeitos o final que máis me gustou foi o do xoves, pero gustaríame que fose o adeus definitivo da serie española revelación na televisión destes últimos meses. Que conste que a pesares de que o único que cambiaba entre un capítulo e outro era o último minuto e medio pois vino tanto o xoves coma o venres ¡qué lle imos facer! O venres tamén vin pola tele o partido de baloncesto que enfrontou ao Breogán co Lleida en terras catalanas e no que gañaron os lucenses.

No hay comentarios: