29/1/09
EMPRESA PATÉTICA
A empresa suministradora eléctrica que temos na Mariña lucense (aquí non hai outra) é Begasa, que agora pertence ó grupo Eon pero segue sendo igual de patética que antes. Non só polo tarde, mal e arrastro que actuaron despois do temporal de vento, que tivo consecuencias tan graves no suministro eléctrico polo mal que teñen as instalacións, como xa explicou moi ben Gigi nun comentario ó artigo anterior deste blog. Begasa é patética tamén no servizo de atención ó cliente, ó que tiven que acudir porque eu son un dos moitos afectados pola supresión da tarifa nocturna e as súas consecuencias, pois agora a penosa empresa pasa os recibos cando lles da a gaña. Xa chamei varias veces e cada vez que falo con un dos que atenden o servizo de atención ó cliente cóntame unha historia distinta sobre o que teño que facer para ter a denominada agora tarifa con discriminación horaria. Conteillo a un electricista e díxome que eso é o habitual, porque a eles cando teñen que facer un trámite pídelles uns ou outros documentos dependendo de quen lles sae ó teléfono de atención ó cliente de Begasa. E, por si fora pouco, teñen un mensaxe grabado que escoitas mentras esperas a que te atendan cunha voz que pretendeu falar en galego, pero que mete a pata varias veces co idioma nas poucas palabras que teñen as frases. Se non son capaces nin de ter unha grabación ben feita nun contestador como van poder darnos un servicio eléctrico axeitado ó século no que estamos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario