24/2/09

O COLÓN NON É O QUE PARECE

Como xa anunciou Carmen, tócame a min contar algo do restaurante Colón, de Nadela (Lugo), un establecemento no que estivemos por primeira vez o pasado sábado á noite. O Colón non é o que parece vendo o local dende fóra. Aparenta unha típica taberna de aldea pero non ten nada que ver con ese tipo de establecementos; unha proba delo é que estes días no Colón están con unhas xornadas de cociña hindú, nas próximas semanas terán cocido de chivo e ó longo do ano fan outras xornadas, como unhas de cociña xaponesa.
Nós ceamos á carta (bastante amplia e con varios platos moi interesantes a priori) e escollemos de primeiro berberechos ó sal (moi grandes e ben preparados) e unha tosta para cada un, que me deixou indiferente. De segundo eu comín lenguado (estaba bon e moi ben presentado en lomos) e de postre elexín piña natural con chocolate, que para min foi o mellor de todo, xunto cos berberechos.
O persoal é amable e ten unha boa relación calidade-prezo, pero un aspecto a mellorar é a escasa iluminación do aparcamento.
En definitiva, gustoume o Colón porque teñen productos moi interesantes e xa estou desexando volver para probar outros platos da carta.

1 comentario:

Markesa Merteuil dijo...

Non me lembro quen foi o que me contou que traballara alí e como era realmente o sitio. Efectivamente, a súa parte exterior non invita a entrar, pero polo visto é fantástico. Vou ter que ir eu tamén.