2/3/09

FOTO DENUNCIA

¡Canto tempo levamos sen escribir, non pode ser!!!! Teño que empezar polo martes de antroido. O desfile de Ribadeo teño que dicir que estivo ben, con moitas alusións á crise, ao apagón ocasionado polo temporal que tivemos en xaneiro, a Begasa, etc, etc... pero parecéume que podería mellorarse a posta en escea con menos espacios entre as charangas, os que se presentaban a concurso e as carrozas. Da semana que rematou pouco máis, o xoves tiven viaxe de traballo a Burela e Barreiros e o venres iniciamos unha fin de semana en Lugo na que fixemos moitas máis cousas que cando por exemplo planificas e pensas en todo o que queres facer. Ademáis de comidas e ceas familiares e con amigos, pasamos por La Nave de Pórtico a ver mobles de madeiras procedentes de países asiáticos... teñen moi boa pinta e mellor prezo. Outro partido de baloncesto para olvidar o do Ensino que fixo un equipo para ascender de categoría e que agora xa ten que loitar para non descender aínda máis. ¡Unha mágoa!!!! Do Breogán pouco que dicir... outra vez perdeu e cada vez parece máis claro que terá que ir aos play-off para loitar polo ascenso á ACB. ¡Outra mágoa!!!! E xa que vai de lamentos, onte visitamos a feira dos stocks que se celebrou en Lugo no Pazo de Feiras e Exposicións. O entorno deste lugar está bastante descuidado e o peor é que ninguén o denuncia nin fai nada por melloralo. Observade a foto.

No hay comentarios: