Da fin de semana gastronómica na Coruña e do encontro con Cruz e con Fernando que se prolongou ata ben entrada a madrugada do domingo falará despois Beni. Foi unha fin de semana bastante fría, con neve, xeadas... e hoxe luns temos un novo temporal de vento que ata o momento na Mariña está a ocasionar a caída de árbores, uralitas e pouco máis. Bueno tamén cortes de luz intermitentes e nas liñas telefónicas de cando en vez. E para mañá xa dan neve outra vez a 700 metros en Galicia e máis vento forte no litoral.
¿Qué máis vou contar? que xa tomamos o primeiro cocido da temporal na casa de meus pais en Lugo que por certo estaba ben bó e onte pola noite quedamos con Sonia e con Miguel e acabamos ceando no Sapore en Ribadeo e tomando unha copa no PICA, pero pasadas as doce xa estabamos na casa porque hoxe todos traballamos. Por certo ós socios e ós clientes do Tapiñas dicirlles que teñen os seus comentarios publicados, pero que non se preocupen porque eu cando volte a Burela irei comer alí. Xa dixemos que a comida estaba boa e que o prezo era máis que aceptable, só fixemos un comentario sobre a nosa experiencia nese local como facemos co resto dos sitios que visitamos e nada máis.
9/2/09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario