11/3/09

BON RESTAURANTE EN PONTEVEDRA

O pasado fin de semana coñecín Pontevedra e gustoume por moitos motivos, un deles é o restaurante Casa Román, que é un dos clásicos da cidade do Lérez, onde ceamos con Patri e Suso. Teñen moi bon servizo e preparan ben a comida, aínda que as racións son algo escasas. Probamos verduras en témpura, croquetas de marisco, lenguado á plancha e solomillo de porco ibérico. Todo estaba moi rico, igual que o postre típico da casa, que é clara en punto de neve con unha salsa de caramelo.
Non é barato, pero ten unha boa relación calidade-prezo. O restaurante Casa Román é unha interesante opción para comer en Pontevedra.

No hay comentarios: