11/3/09

INTERESANTE MESÓN EN PORTONOVO

Na zona portuaria de Portonovo comemos nun mesón chamado igual que o viño Albariño Rías Baixas que fai a familia propietaria: Viña Pedreira. O viño non está mal, pero a comida é mellor, polo menos a que probamos nós, e o prezo moi económico.
Comemos berberechos, mexilóns e navallas (todo fresco e ben preparado), pero o mellor foi unha impresionante tortilla de pataca con chourizo e un espectacular flan caseiro.
Por todo isto e porque o servizo é bon merece a pena comer nese pequeno mesón de Portonovo chamado Viña Pedreira.

No hay comentarios: