11/3/09

CEA DE HOTEL EN SANXENXO

Carmen xa fixo un par de comentarios sobre o noso pasado fin de semana nas Rías Baixas, pero a min, como é habitual, tócame facer a crítica gastronómica. Empezo, por orde cronolóxica, pola cea no hotel Augusta Spa Resort, de Sanxenxo.
A diferencia doutros restaurantes de hoteis, no Vía Augusta a carta é bastante amplia e as racións abundantes; pero a elaboración é moi mellorable, polo menos nalgúns dos platos que probamos, concretamente as ameixas á mariñeira, o rape e a merluza. Tamén comemos puntillas de calamar, que estaban moi boas, e unha impresionante tarta de chocolate, a mellor que probamos en moito tempo.
O viño que eleximos, un Rías Baixas chamado Eidos de Padriñán, está bon e ademais é dunha bodega que está a poucos metros do hotel Augusta Spa Resort.
En resumen, o Vía Augusta, de Sanxenxo, non está mal para ser o restaurante dun hotel, pero a relación calidade-prezo é mellorable, porque tampouco é barato.

No hay comentarios: