20/3/09

A FILLA DO LITO E DA CAMILA

A filla do Lito e da Camila é Nuria Casal, que onte foi a pregoeira das festas de San Xosé que se celebran ata o domingo nas Gándaras. Así a presentou o presidente da comisión, despois de dicir que fora membro activo da Asociación Xuvenil San Xosé e da rondalla. Penso (se non escoitei mal) que se lle esqueceu dicir que practicou o atletismo nos seus anos máis mozos e que é enxeñeira agrónoma. Para que quede constancia xa o contamos aquí, neste blog. Nuria fíxoo moi ben reclamando un parque para o barrio no que poidan xogar os nosos fillos e os nosos sobriños, porque de momento temos moitas zonas verdes, pero nos preto de 40 anos que vida que temos algunhas nas Gándaras nunca houbo nin un columpio nin un tobogán. Alí estaban o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, e os edís Xosé Piñeiro, Xosé Anxo Lage e Quique Rozas, entre outros, que agardamos tomen boa nota de algo tan sinxelo. O resto do día tivemos comida familiar en Lugo no restaurante O Xugo e despois pola noite Beni e máis eu celebramos o seu santo, ou mellor dito un dos seus santos (Xosé), no restaurante San Miguel de Ribadeo. Pero, como facemos sempre, a crítica gastronómica tócalle ó Mántaras. E hoxe tocou traballar para voltar a Lugo de troula.

No hay comentarios: