26/3/09

INAUGURACIÓNS

É tempo de inauguracións na Mariña luguesa e máis concretamente no municipio de Barreiros. Sinceramente xa ía sendo hora de que contase cun supermercado coma deus manda, porque con todo o que se construiu alí e con toda a xente que cada vez máis se achega a disfrutar de pontes, vacacións de semana santa e verán... o que non tiña moito xeito é que te tiveses que desprazar a Ribadeo ou a Foz para facer unha grande compra. É certo que tiña dous supermercados dos de toda a vida, pero sempre había moita xente e tamén había cousas que non podías mercar. Pois ven, Eroski inaugura mañá un supermercado á entrada de San Cosme, indo desde Ribadeo e á saída si vamos cara Ribadeo, depende desde onde se mire. E alguén me contou estes días que o supermercado tradicional que pecha por xubilación dos seus propietarios vai ser collido por GADIS tamén para abrir durante todo o ano. Os que veranean en Barreiros xa poden estar contentos e os veciños do concello tamén, porque así ademáis de contar co CEMAR PLAYA que só abre nos meses de verán agora tamén poderán facer as súas compras nestas novas firmas. A Barreiros séguelle a faltar algún restaurante máis porque o de Altar pechou e tamén algunha librería para mercar os periódicos na zona máis próxima ás praias. Imaxino que co paso do tempo todo se andará.

No hay comentarios: