24/3/09

O ANTAS DE ULLA

Teño varias críticas gastronómicas pendentes dende a pasada ponte de San Xosé. O propio día festivo comemos no Xugo, en Lugo, restaurante que ten un slogan ben certo: para comer Lugo e para pulpo, O Xugo. Unha vez máis comprobamos que preparan moi ben o pulpo á feira e tamén outras cousas, como os chipiróns, os langostinos, o churrasco e os postres caseiros. Para a cea dese día cambiamos totalmente de estilo para comer berberechos e peixe (san martiño e mero) no restaurante San Miguel, de Ribadeo. Coma sempre, racións moi abundantes e ben preparadas, con productos de primeira calidade.
Pero o máis salientable, por novedoso, foi a cea do sábado no restaurante Antas de Ulla, que está na lucense Praza do Campo. Era un establecemento ó que quería ir dende hai tempo e mereceu moito a pena. Ten unha carta amplia con platos tradicionais e outros non tanto. De primeiro probamos o pulpo, que estaba bon, e un revolto de algas e berberechos, que para min faltáballe algo de gracia, porque estaba soso. E de segundo comín unha impresionante carrillada de boi (ou de vaca, pero encantoume) e probei o bacallau (tamén moi bon). Tamén nos gustaron os postres (tartas de café e de queixo), o servizo (o personal é moi atento é serven rápido) e a decoración do local (moi enxebre). Por todo isto creo que o Antas de Ulla vai ser a partir de agora outro dos nosos restaurantes de referencia en Lugo.

No hay comentarios: