2/3/09

RESACA ELECTORAL

E o resto é a resaca electoral que nos quedou de onte. Por primeira vez en moitos anos seguín as eleccións sentada no sofá da miña casa pola televisión e coñecendo os primeiros datos con pouca porcentaxe escrutada a través de internet, porque na TVG prolongaron en exceso desde o meu punto de vista a enquisa de Ipsos para a FORTA. Sorpresa podería ser a palabra que resumise a noite de onte para min, porque os dun lado non agardaban obter esa maioría e menos con tanta amplitude e os do outro lado non creo eu que agardaran perder o goberno. O mellor de todo a altísima participación dos galegos nesta cita electoral e agora haberá que ver o que fan os que chegan durante os vindeiros catro anos... porque parece que a xente comenzou a premiar e a castigar aos que considera que non satisfan as súas demandas, as necesidades dos seus pobos, das súas rúas... ao marxe de ideoloxías máis ou menos profundas. Cun goberno central do PSOE, cun goberno autonómico do PP, con deputacións en mans do bipartito PSOE-BNG e con moitos concellos en mans do PP, do PSOE, do BNG, de Independentes hai moito que calcetar para que o xersei de Galicia saia ben tupidiño e nos abrigue da crise que parece que aínda se nos aveciña peor.

No hay comentarios: