16/4/09

BALNEARIO RÍO PAMBRE

Aínda que Ana Blanco di que este blog parece a guía "michelines", eu sigo escribindo sobre gastronomía porque teño pendente un comentario sobre o restaurante do hotel balneario Río Pambre, que está no concello de Palas de Rei.
Levounos alí a cear Xan Vila, que xa estivera noutra ocasión. Se non coñeces a zona atopar o establecemento resulta complicado, porque está nun lugar aillado e a sinalización e pouca e mala. Pero o esforzo mereceu a pena porque a cea foi espectacular. Empezamos con xamón, cecina e queixo de Arzúa-Ulloa, que estaban moi bos, para continuar con chipiróns á plancha, despois zamburiñas e para rematar os platos de compartir puxéronnos navallas, tamén á plancha. Todo estaba moi rico e no seu punto, para o meu gusto. De segundo comemos escalopines de ternera, que tamén estaban bos, e o postre era un surtido individual con un impresionante flan de café descafeinado, tarta de queixo e unha bola de xeado de chocolate.
Todo nun ambiente moi agradable e con bon servizo. Do prezo non podo decir nada porque non sei cal foi.
Merece a pena comer no restaurante do balneario Río Pambre e xa estamos pensando en voltar, pero para disfrutar tamén do hotel e do spa nun fin de semana.

No hay comentarios: