7/5/09

NON SE FALA DOUTRA COUSA

Eso é o que pasa hoxe que non se fala doutra cousa e doutra persoa que non sexa Iniesta. Creo que lle van facer un monumento. Noraboa ós barcelonistas, polo menos ós que len e opinan neste blog. Cando un equipo xoga ben e está aí presente en todo o que se propón será por algo ¿non?. A pesares de todo eu estou nas antípodas do Barcelona. E xa que falamos de deportes, Fuenlabrada foi o lugar elexido para a celebración da final A4 das competicións da ADECCO LEB este ano. Para que os que poidan ou poidamos viaxar a ver ó noso equipo paréceme ben porque Madrid está cerca, pero senón cambiaron de pavillón o que tiñan era máis ben pequeno para albergar unha cita tan importante. Hai uns anos que estivemos alí, Sebas, Beni e máis eu vendo un Breogán-Fuenlabrada e tratáronnos de maravilla, porque non quedaban entradas á venda, pero permitíronnos estar no partido. Creo que naquel intre esgotaba os seus últimos anos como xogador en activo un dos grandes do baloncesto en España, Perasovic, que despois foi e non sei si sigue a ser, adestrador. A Perasovic coñecino hai tamén bastantes anos en Lugo, unha noite de copas con outros compañeiros xornalistas. Bó rapaz e mellor xogador. Ó que ía, penso que Lugo debería ser escenario dalgún evento deportivo deste calibre. Temos instalacións, prazas hoteleiras e moita afición ó baloncesto e xa vai sendo hora de que fagamos algo importante. Mañá xoga o Breogán en Lugo, iremos velo e a pasar a fin de semana á miña cidade natal.

No hay comentarios: