13/5/09

O NOVO CASA PEPE (2ª PARTE)

Estivemos ceando no restaurante parrillada Casa Pepe, de Ribadeo, e xa podo opinar con máis coñecemento. O churrasco prepárano ben, para o meu gusto, e tamén estaba rico o revolto de grelos e gambas. O que non estaba tan ben feito eran as brochetas de solomillo de porco con beicon, porque estaban case crudas e tiveron que pasalas máis (comer a carne de porco tan pouco pasada non me gusta nin é moi recomendable).
En canto ó postre, probei o flan caseiro, que estaba moi bon, e non puidemos tomar fresas, porque non quedaban. Tampouco tiñan chourizos roxos, que queríamos para comer co churrasco.
A relación calidade-prezo é boa e o acceso para o aparcamento resulta un pouco complicado para os que non coñecen a zona.
E remato con unha nota de sociedade: nunha mesa ó lado da nosa estaba ceando o director do Parador de Turismo de Ribadeo, Jesús Mier.

No hay comentarios: