13/5/09

MESÓN DA PELUSIÑA

Tiña gañas dende hai tempo de probar este novo establecemento de Lugo, que está en Pías, moi cerca do polígono industrial do Ceao, no local onde estivera Os Cabezudos. O Mesón da Pelusiña foi un dos premiados no concurso de tapas de Lugo do ano pasado e por iso quería ver o que se coce alí.
Estivemos ceando e gustounos, sobre todo o trato, pero tamén os chipiróns fritos rebozados con fariña de millo, as croquetas (das que estaba moi orgullosa a camareira-cociñeira) e os mexilóns recheos. De segundo, eu comín merluza, que para ser conxelada non estaba mal. Pero o mellor de todo foi o postre: unha impresionante tarta de chocolate con galleta.
Bebemos un viño da Ribeira Sacra (non lembro o nome), que estaba bon e a sangría da casa, que tamén nos gustou.
En definitiva, é un sitio interesante para ir de vez en cando, porque ten unha carta interesante, os prezos son asequibles, pódese aparcar o coche ó lado da porta e a camareira-cociñeira é moi agradable.

No hay comentarios: