25/5/09

RIBADEO, DE TAPEO

Un par de noites saímos de viños (algo que non facemos habitualmente) con motivo do concurso gastronómico "Ribadeo, de tapeo", que organizou o Concello por cuarto ano consecutivo. Os establecementos participantes (31 con un total de 49 tapas) estaban ateigados de xente e os outros tiñan moitos menos clientes e, nalgúns casos, case ningún, o que é moi significativo.
Hoxe déronse a coñecer os premiados no certamen e casualmente non probamos ningunha das tapas gañadoras, pero das que puiden degustar as que máis me gustaron foron as dúas da Dorada, tamén as dúas do Ven de Viños e a do Cantón.
O que me quedou moi claro é que o "Ribadeo de tapeo" é unha iniciativa moi boa que debe seguir en anos sucesivos, pero creo que xa está consolidada e por iso as vindeiras edicións deberían ser organizadas directamente polos hosteleiros. Eles son os principais interesados e os que deben saber como e cando debe desenvolverse esta iniciativa tan positiva, que na miña opinión podería facerse dúas veces ó ano.

No hay comentarios: