25/5/09

A PERDIZ

Estivemos por segunda vez no restaurante A Perdiz, de Lugo, desde que está ubicado no barrio da Piringalla. É un establecemento de comida tradicional con unha carta moi amplia e platos abundantes e ben elaborados.
De primeiro puxéronnos unhas setas con xamón, que estaban moi ricas, e ameixas en salsa, que non me entusiasmaron pero eran comestibles.
De segundo eu tomei ventresca de bacallau á brasa, que me encantou.
De postre escollín piña natural, que me gusta moito e haina en poucos restaurantes desta zona, e o viño foi o amandi Don Bernardino, que está moi bon.
A atención é boa pero fáltanlle algúns detalles, como tronas para sentar ós nenos pequenos.
Do prezo non podo contar nada porque non sei cal foi pero a calidade é boa.

No hay comentarios: