25/5/09

VOLTAMOS Ó RINCÓN DE SANTOS

Despois de moitos meses voltamos a comer ó Rincón de Santos, en Lugo. A vez anterior non quedáramos moi contentos da comida, aínda que si do trato. Nesta ocasión gustounos algo máis a comida e a atención foi coma sempre, moi boa. Pero as racións son algo escasas e deberían cambiar a carta algunha vez.
Para empezar comemos parrillada de verduras, que estaban demasiado aceitosas, e de segundo eu tomei lomos de rape, que non estaban mal. Pero o que máis me gustou foi o postre: pudin de frutas con salsa de chocolate.
O prezo está moi ben (saímos a vinte euros por persoa) e o persoal é moi agradable, polo que o Rincón de Santos é unha boa alternativa para comer aceptablemente sin gastar moito.

No hay comentarios: