15/6/09

MOITO PENDENTE

Temos moitas cousas pendentes de contar no noso blog. Direi que as augas voltaron ó seu cauce e que aquelo que nos tiña preocupados e un pouco descolocados e viaxando moito máis do habitual a Lugo xa vai pasando. É o que teñen as intervencións quirúrxicas, pero todo comenza a estar en orden. Teño que darlles as gracias a todos os meus amigos, coñecidos, persoas para as que traballo... por esas chamadas interesándose pola doenza do meu pai e polas súas palabras de ánimo. E agora haberá que poñerse as pilas e a tentar reactivar de novo este blog que levaba uns días paradiño. Nesta entrada vou falar do tempo e desa masa nubosa que se nos plantou enriba aquí na Mariña e que non marcha nin de broma, porque estivemos en Lugo a fin de semana e daba gusto ver o sol e sentir os 27 e 30 graos que marcaban os termómetros á sombra na pel. Os nosos osos e as mentes necesitan dos raios de Lorenzo para que nos animemos un pouco. Xa sabemos onde estamos, pero esto é un castigo para todos, visitantes, comerciantes, hosteleiros... Está a piques de chegar o San Xoan e ainda non disfrutamos da primavera que se marcha sen máis, sen facer ruido. Ogallá teñamos un bó verán. Xa se verá.

No hay comentarios: