15/6/09

TAPEANDO

Ainda que Beni é o que fai sempre a particular crítica gastronómica, nesta ocasión vou contar unha experiencia un tanto patética que tivemos o xoves en Ribadeo. Resulta que os gañadores do Ribadeo de tapeo facían unha degustación gratuita das súas tapas e nós aproveitando a excusa acudimos a algún dos establecementos en cuestión e no primeiro ó que fomos xa nos tocou o premio. Pedimos tres albariños polos que nos cobraron 6,90 euros (ainda que eran moi normaliños). Eu entreguei 7 euros e nin siquera me deron as voltas. Pero ese foi o broche de ouro á mala experiencia que vivimos, porque na media hora que botamos no local en cuestión ninguén nos ofreceu unha triste tapa nin da gañadora do concurso nin das habituais que vimos pasar cara algún recuncho do local. Eso non foi o peor, o peor de todo era a bordería da señora que atendía á zona onde estabamos cando ós que lle preguntaban pola tapa lles dicía que as ía poñendo segundo ían saindo da cociña porque só tiñan unha persoa traballando neso e que ía por orde. ¡Mentira!!!! porque con estos ojitos que yo tengo e os doutras persoas que quedaban pasmadas pola maniobra que iso non era así, porque algúns que chegaron moito máis tarde ca nós probaron a tapa e nós non. Reflexión: si participas nun concurso e resultas gañador e logo participas tamén nesta degustación gratuita pois faino ben e senón adícate ó de todos os días, pero sobre todo non fagas por perder clientela, e menos nos tempos que corren. O establecemento en cuestión é a Pizzbur de Ribadeo, e creo que o mesmo discurso e as mesmas maneiras as sufriu xente que acudiu alí durante o Ribadeo de tapeo. Algo que tamén debería ter en conta o xurado á hora de valorar todo. No lado oposto La Lira, pedimos o viño e a tapa e probámola sen problema e despois xa decidimos culminar a noite disfrutando das xornadas dos arroces en La Solana, que sí que vos recomendo que probedes.

No hay comentarios: