7/6/09

O LAR DE MANOLO

Despois de bastante tempo sin comer neste establecemento ceamos no Lar de Manolo, en Ribadeo, local con carta extensísima e racións moi abundantes.
De primeiro compartimos calamares fritos (moi ricos) e minicroquetas de xamón, que non me fixeron moita gracia. E de segundo elexín rape ó alvariño, ben preparado pero era tanta cantidade que non o puiden acabar. De postre tomei fresas con nata, que me gustaron moito.
Na mesa do lado estaban ceando Azucena González Loredo (coñecida polos cargos que tivo e ten e por ser tertuliana en Onda Cero A Mariña) e o gandeiro de Barreiros Lucas Veiga, que saiu en moitos medios de comunicación eses días porque foi un dos productores lácteos ós que Leite Río lles deixou de recoller a súa producción despois dun incidente con un inspector da empresa de Jesús Lence.

No hay comentarios: