7/6/09

DESPACHO DE COMIDAS PEPA

Na Rúa de Valdeorras vimos unha feira medieval, que estaba ben montada e na que había bastante xente aínda que o tempo non acompañaba demasiado. E comemos no Despacho de Comidas Pepa, que así se chama este restaurante con decoración moderna e comida tradicional.
De primeiro probamos o pulpo á feira e despois eu comín rabo de touro, que estaba ben preparado. De postre elexín peras ó viño, moi ricas. Tomamos un viño da zona bastante bon e saímos a 17 euros por persoa, polo que a relación calidade-prezo é moi boa no Despacho de Comidas Pepa.

No hay comentarios: