29/6/09

PERCEBES XIGANTES NO MUIÑO

Recentemente volvimos a cear ó restaurante O Muiño, de Lugo, un establecemento que está enriba do río Miño, tanto que cando hai crecidas inúndase. Xa había bastante tempo que non íamos ó Muiño, un restaurante que hai uns anos frecuentábamos bastante, sobre todo para comer parrilladas de peixe ben preparadas e con moi boa relación calidade-prezo.
Nesta ocasión eu tamén comín peixe, concretamente mero á plancha, que estaba moi bon. Pero antes probamos uns percebes espectáculares, sobre todo polo seu gran tamaño. Son os máis grandes que comín nunca, aínda que si os probei máis sabrosos. De primeiro tamén compartimos uns pementos de padrón e xamón ibérico. Gustounos moito todo e non pagamos demasiado para o que comemos.
O Muiño segue sendo unha referencia na gastronomía tradicional de Lugo pola calidade da comida e tamén polo servizo, agradable e rápido.

No hay comentarios: