29/6/09

DEBUT NA PULPERIA MARIO

Ceamos por primeira vez na Pulpería Mario, que agora rexenta Cesáreo Eijo, o último día da feira de Vegadeo. Nos últimos tempos é o establecemento deste tipo máis famoso nesta zona e proba delo é que había cola para cear. Pero non tivemos que esperar moito porque enseguida quedou libre unha mesa para os seis que éramos no grupo.
Por suposto tomamos pulpo e tamén xamón e chourizos cocidos. Estaba todo rico, pero non máis nin menos que noutros establecementos deste tipo. O que si me sorprendeu é que estaba todo moi ben organizado e o servizo foi rapidísimo.
Acabamos a noite tomando unha copa no Veigueiño, local recentemente reformado, que quedou moi ben, e que rexentan os tamén propietarios do Lusco e Fusco, establecemento que está xunto á praia de Reinante e que foi todo un éxito o verán pasado, como comprobamos en varias ocasións.

No hay comentarios: