21/6/09

PORCO DE MANGALICA

Da experiencia desagradable que tivemos na Pizzbur de Ribadeo xa escribiu Carmen e a min tócame comentar cousas máis positivas, como a última cea (de momento) na Bodega de Pedro, en Lugo.
Comemos un táboa con xamón e varios embutidos de porco de Mangalica (son cochos húngaros que parecen ovellas). O xamón xa o probáramos hai tempo no mesón Lubre, tamén de Lugo, e gústanos bastante, aínda que non tanto como un bon xamón ibérico. Os productos dos porcos de Mangalica están sendo moi promocionados na capital da provincia pero na Mariña aínda non os vin en ningún establecemento. Pasa un pouco o mesmo que cos viños de Amandi.
Na Bodega de Pedro tamén comemos unha tortilla de pataca, que estaba moi rica aínda que o pouco salada, e pementos de padrón. Para rematar tellas de améndoa, rosca de Vilalba e o espectacular licor café que teñen sempre moi frío na Bodega de Pedro e que entra demasiado ben, o que é un auténtico perigo.
Cando xa nos íamos saudamos ó xornalista Alfonso Riveiro e ó locutor, escritor e publicista Marcial González Vigo, que tamén estaban ceando na Bodega de Pedro.

No hay comentarios: