26/7/09

LA SOLANA: RICO E ABUNDANTE

Ceamos con Sonia no restaurante La Solana, de Ribadeo, e saímos repletos de comida, porque os platos son moi abundantes e ben preparados. De primeiro compartimos unha de calamares fritos (ricos) e outra de revolto de alletes e gambas (tamén estaba boa, aínda que os revoltos non son o meu forte).
De segundo eu comín un confit de pato, que estaba bon pero non tanto como o que fan na vinoteca La Sucursal, de Lugo. O que máis me gustou foi o postre: un espectacular mousse de turrón, que estaba moi logrado de sabor, de temperatura e de presentación.
E de bebida tomamos unha botella de Abadía San Campio, un Rías Baixas que me gusta moito.
O servizo foi bon e comprobamos unha vez máis que o restaurante La Solana ten unha boa relación calidade-prezo.

No hay comentarios: