26/7/09

EL JAPONÉS: OUTRO FRACASO

Estivemos por primeira vez nun restaurante xaponés. Acompañounos na aventura Nuria e foi un fracaso para min, que tiven a brilante idea de ir a El Japonés, nome que ten o novo establecemento que puxeron no baixo do número 54 da Ronda da Muralla, de Lugo, local onde antes estaba o Metbar e antiguamente o Metropol.
A Carmen e a Nuria gustoulles algo máis, pero a min a comida xaponesa (polo menos a que probei neste restaurante lucense) non me fixo ningunha gracia. Probamos moitas cousas, entre elas o típico sushi, pero foi bastante decepcionante porque os sabores dos alimentos non me gustaron e os das salsas, aínda menos. De todo o que probamos o único comestible para min son uns esparragos trigueros rebozados con unha salsa pasable, unha ensalada de salmón e mango e uns langostinos en tempura. Os demáis platos que eleximos (incluido o sushi moriawase) estaban regular ou mal, incluso o postre, un suposto xeado chamado daifuku.
De bebida empezamos con un ribeiro Viña Reboreda e despois probamos dous tipos de cervexa xaponesa, que para min non ten nada especial, é como a de aquí.
O mellor de todo foi o prezo, porque case todos os platos da amplísima carta e tamén as bebidas, son moi baratos.
O servizo tampouco foi bon, porque tivemos que esparar moito entre plato e plato. Eso sí, os camareiros son moi amables, pero estaban moi sobrepasados, co restaurante a tope de xente (era o primeiro sábado desde a apertura, tan só cinco días antes).

No hay comentarios: