6/7/09

O MIRADOR DE SAN PEDRO: ESPECTACULAR

Tiña algunhas referencias do restaurante que hai no mirador de San Pedro, na Coruña, pero nunca estivera alí. E foi o día no que a Torre de Hercules logrou a distinción de Patrimonio da Humanidade. Enterámonos da boa nova para A Coruña, e para o resto de Galicia, precisamente no restaurante onde estábamos comendo. O motivo era unha voda, na que a familia da noiva sabe moito de gastronomía, de feito son os propietarios de Casa Saqués, un dos mellores sitios para comer platos tradicionais na Coruña, segundo me contaron, porque nunca comín alí, de momento.
Por iso non me sorprendeu que a voda fose espectacular. O restaurante do mirador de San Pedro ten unha ubicación impresionante con unhas estupendas vistas da Coruña e do mar e a decoración e moderna e con gusto. O servizo, polo menos nesta voda, foi moi bon e houbo outros detalles que nos encantaron, como a música dun grupo cubano que amenizou a festa.
E, por suposto, vou contar algo da comida. Para min o mellor foron os aperitivos e iso que só probei dous deles: un exquisito xamón ibérico, que cortaban sen parar tres expertos, e un riquísimo pulpo á feira, que tamén estaban cocendo, picando e sazonando no momento.
Tamén estivo ben a comida, sobre todo o bogavante á plancha, o rape en salsa de gambas, o sorbete de limón e cava e o espectacular e riquísimo postre con dulce, xeado e froitas (como se ve na foto). O que menos me gustou foi a carne, solomillo de porco ibérico, porque para min estaba pouco feita.

No hay comentarios: