6/7/09

A DORADA É UN SEGURO

No restaurante A Dorada do Cantábrico, de Ribadeo, sentímonos case como na casa e ademáis imos sempre coa seguridade de comer productos de calidade ben preparados e con racións abundantes. Por iso levamos alí a Iván, que come bastante menos do que eu imaxinaba e que está un pouco farto de comer fóra casa.
Ese día eu estaba un pouco delicado do intenstino pero aínda así comín ben. Despois de probar de primeiro xamón ibérico e ameixas (impresionantes, como sempre na Dorada) tomei merluza á plancha, que estaba boa. E de postre, flan de ovo, tamén ben feito. E para beber, Mar de Frades, un Rías Baixas que nos gusta moito.
Ese día no comedor da Dorada faltaba Gusi, e notábase a súa ausencia, e na cociña non estaba Miguel e, aínda que pareza mentira, notábase menos.

No hay comentarios: