29/7/09

PICOTEO NA BODEGA DE PEDRO

Picoteamos na Bodega de Pedro unha táboa de embutidos e queixos, tortilla de pataca, pementos de Padrón e croquetas. De viño pedimos Proencia (o Amandi que fai a familia da superdelegada da Xunta na provincia de Lugo, Raquel Arias), pero ese día non o tiñan e puxéronos outro Ribeira Sacra, que nin siquiera era Amandi, pero non estaba mal.
E rematamos, como sempre na Bodega de Pedro, con uns chupitos do seu impresionante licor de café, que é o mellor que probei e ademáis sírveno moi frío, polo que entra moi ben, demasiado ben.

No hay comentarios: